Entrada Haydée Milanés & Javier Colina | Festival MARÉ 2026 en A Coruña
Descripción
Filla do icónico Pablo Milanés, Haydé Milanés chega a Maré acompañada pola lenda do baixo do jazz Javier Colina para transportarnos á Cuba clásica. Unha viaxe de excepción onde os ritmos do silencio definen a maxia inexplicable da música cociñada a lume lento. O fin: ser saboreada en todo o seu significado histórico a través dunha reinterpretación de clásicos do repertorio cubano. Música elaborada dende a contención e unha interpretación que apela á profunda sensibilidade dun son que, a través da arte da pausa, suliña a apreciación de cada matiz e sutil inflexión nun ritual de maxia ingrávida. Unha gran homenaxe á infinita riqueza da cultura cubana, que esta proverbial unión presentará dende unha perspectiva profundamente cercana.
Agardamos por vós o vindeiro xoves 24 de setembro no Teatro Principal.
Calquera dúbida ou cuestión en relacións coas entradas podedes poñervos en contacto con nós a través do mail [email protected]