Entrada TUI entradas TEATRO | A BIBLIOTECA GALÁCTICA | Tanxarina en Pontevedra

Artistas relacionados
3.00 €
Precio
Desde
Descripción

Tanxarina con “A Biblioteca Galáctica”

“A Biblioteca Galáctica” é o título do espectáculo que Tanxarina Títeres presentará no Teatro Municipal de Tui o venres, 6 de novembro, ás 19 h. A obra recibiu o premio María Casares 2026 na categoría de Mellor Espectáculo de Monicreques, obxectos e formas animadas.

Trátase dunha comedia trepidante chea de sorpresas, música e humor, creada especialmente para conmemorar o 75º Aniversario da Editorial Galaxia. Adaptada da novela de Carlos Labraña, a obra combina marionetas, narración e música, transmitindo valores como a amizade e o traballo en equipo, ao tempo que reflexiona sobre o uso da tecnoloxía e reivindica a lectura e os libros.

Miguel Borines e Andrés Giráldez son os actores-manipuladores desta obra na que Ataulfo, o rato que coida da Biblioteca Galáctica, descobre que unha ameaza se cerne sobre os personaxes dos libros infantís dos seus andeis...  

·         Xénero: comedia de monicreques

·         www.tanxarina.es  

·         Publico familiar +5 anos

·         Duración: 50min                              

·         Idioma galego                 

·         Prezos 4€ - 3€

 

TEATRO MUNICIPAL | TUI