The deadline for the sale of this event is over.

Ticket "A Penúltima" de Carlos Blanco en Coruña, A

Description

Porque o tempo pasa e non estamos para perdelo, aproveitemos. O prolífico actor galego chega desta volta con imaxes e historias novas e vellas, mais co denominador común das risas garantidas. No escenario, Carlos Blanco convocará orquestras, viaxes, idiomas, frases de cine e de tele e mesmo procesións insólitas do seu imaxinario infinito, ao que xa nos ten moi acostumadas/os. Humor intelixente, anecdotario popular e vivencias sempre vencelladas a Galicia.


NOTA: Poderán ser beneficiarias da entrada reducida as persoas dos seguintes grupos: mozos e mozas con Carné Xove (12 a 30 anos), maiores de 65 anos, persoas con un grado de discapacidade recoñecida, persoas desempregadas, perceptores de Rendas Sociais, membros de familias monoparentais ou numerosas.

No caso de mercar a entrada reducida deberá presentarse documento acreditativo da situación específica xunto coa entrada no momento do acceso ao espectáculo. De non dispoñer desa proba documental, poderase denegar o acceso.

Auditorio Edificio Multiusos