Entrada “EL ESCONDITE DE LA ABUELA” de La Tartana Teatro en Coruña, A

Artistas relacionados
7.96 €
Precio
Desde
Descripción

CONDICIÓNS E NORMAS DA ENTRADA

As portas da casa da cultura pecharanse puntualmente na hora de comezo da obra de teatro. Unha vez pechadas, quedará prohibido o acceso ao recinto e non se admitirán reembolsos das entradas a aquelas persoas que non chegaran antes do comezo da función. Recoméndase a estes efectos presentarse coas entradas en man media hora antes da función.

Os menores de 12 anos (en obras infantís), titulares de carné xove, parados e maiores de 65 anos poden gozar dun desconto de 1,5€ na entrada. Para que a reserva teña validez, á hora do acceso deberán presentar un documento acreditativo da idade, paro ou carné xove para poder acceder ao auditorio. En caso de non poder validar dito desconto será necesario aboalo antes de acceder ao auditorio. Para poder aplicar este desconto debes introducir o seguinte código á hora de confirmar a entrada: DESC_IDADE


SINOPSE DA OBRA

Este espectáculo de La Tartana Teatro baséase na antiga lenda xaponesa “O monte Ubasute”. Nela cóntase que un rei tirano obrigaba aos seus súbditos a abandonar nun monte a todos os anciáns ao cumprir os 70 anos, pero uns aldeáns esconden á súa nai para que ninguén a atope. Namentres, o reino próximo declarou a guerra ao pobo e o monarca invasor advertiu de que entraría en guerra a menos que o pobo fose capaz de resolver tres enigmas. Quen será capaz de resolver o enigma e devolver a paz ao seu pobo?
Unha historia sobre a importancia dos anciáns na sociedade, e do seu papel como transmisores de coñecemento e memoria.

Auditorio Municipal da Casa da Cultura