Duración: 75 minutos
SINOPSE
Un mozo Calígula, impaciente por reinar, ordena acelerar a morte de Tiberio, o seu antecesor. Cando consegue converterse en César, é aclamado por unha maioría que o adora. Covarde e temerario ao mesmo tempo, a súa inmadurez fai que precise do asesoramento de tres figuras das que depende emocional e estratexicamente: por unha banda, as súas dúas mulleres predilectas, a súa irmá e amante Drusila e a súa ex amante Cesonia; e, pola outra, Incitatus, o seu cabalo.
Non toma ningunha decisión sen o consello dalgún dos tres, non viste ningunha roupa nin emprende ningún camiño sen que algún deles llo suxira. Pouco a pouco vai colléndolle gusto ao poder, pero as súas rabechas, o desbalde sen medida e a súa crecente irreverencia van facéndolle perder popularidade.
A morte da súa irmá acelera a súa loucura. As súas disposicións e caprichos deixan de ter límites e a súa crueldade faise indiscriminada. Pero, curiosamente, non serán nin o Senado, que se opón a el, nin o pobo famento que lle ten medo quen consiga frear a súa destrución. O seu maior inimigo, o máis poderoso, o que acabará con el, non será outro que a súa propia loucura.
FICHA ARTÍSTICA
Autoría: Marina Wainer
Elenco: Romi Pinto, Iván Steinhardt, Marina Wainer
Escenografía: Marina Wainer
Iluminación: Marina Wainer
Diseño gráfico: Romi Pinto
Asistencia de dirección: Marco Riccobene
Producción general: El Vacío Fértil Compañía Teatral
Puesta en escena: Marina Wainer
Dirección: Marina Wainer
Centro de ayuda
Promociones y descuentos
¿Eres organizador?
Atención al cliente
¡Oups! El tiempo se ha agotado.
Recuerda que tienes 15 minutos para completar el proceso.Has excedido el número máximo de entradas para esta sesión.
Por favor complete esta compra primero si desea comprar más entradasHas excedido el número máximo de entradas para esta tarifa.
Por favor complete esta compra primero si desea comprar más entradas