Ticket TUI entradas TEATRO | BENQUERER | Fran Sieira Bailalle a Caamaño&Ameixeiras en Pontevedra

Description

Fran Sieira e Caamaño & Ameixeiras con “Benquerer”

Música e danza en directo o venres, 23 outubro, ás 21 h no Teatro Municipal de Tui con Fran Sieira,  Antía Ameixeiras e Sabela Caamaño no espectáculo “Benquerer”.

BenQuerer é unha peza íntima e emocional que conecta co cotiá, co día a día, e cos nosos procesos de adaptación ante os cambios. Reflexiona sobre como en ocasións asumimos máis do que, quizais, nos pertence. Non fala da felicidade permanente, nin de estar sempre ben: fala de aceptar os momentos nos que o corpo di basta, de coidarse e de aprender a poñer límites.

Esta nova proposta de Fran Sieira  ofrece o resultado dun proceso creativo persoal e íntimo, onde a través do seu propio relato convida a reflexionar sobre a importancia do autocoidado emocional, o amor propio e o respecto a un mesmo.

Benquerer, querer ben ou quererse ben son algúns dos termos nos que afonda este novo espectáculo do bailador Fran Siera, un só de danza acompañado en directo coa música do dúo galego Caamaño&Ameixeiras. 

 

·         Intérpretes: Antía Ameixeiras, Sabela Caamaño e Fran Sieira

·         Dirección artística: Fran Sieira e VACAburra (Gena Baamonde e Andrea Quintana)

·         Coreografía: Fran Sieira e Andrea Quintana 

·         Música: Caamaño&Ameixeiras 

·         Danza / música clásica   

·         www.urdime.gal

·         Publico: +12 anos                            

·         Duración: 55 min             

·         Idioma: galego                

·         Prezos 12€ - 9€

TEATRO MUNICIPAL | TUI