El plazo para la venta de este evento ha terminado.

Entrada BAILAR AGORA de Marta Alonso en Coruña, A

Descripción

CONDICIÓNS E NORMAS DA ENTRADA

As portas da casa da cultura pecharanse puntualmente na hora de comezo da obra de teatro. Unha vez pechadas, quedará prohibido o acceso ao recinto e non se admitirán reembolsos das entradas a aquelas persoas que non chegaran antes do comezo da función. Recoméndase a estes efectos presentarse coas entradas en man media hora antes da función.

Os menores de 12 anos (en obras infantís), titulares de carné xove, parados e maiores de 65 anos poden gozar dun desconto de 1,5€ na entrada. Para que a reserva teña validez, á hora do acceso deberán presentar un documento acreditativo da idade, paro ou carné xove para poder acceder ao auditorio. En caso de non poder validar dito desconto será necesario aboalo antes de acceder ao auditorio. Para poder aplicar este desconto debes introducir o seguinte código á hora de confirmar a entrada: DESC_IDADE

Esta obra non entra dentro do Bono Xeral.


SINOPSE E DESCRICIÓN DA OBRA

BAILAR AGORA é a historia dunha bailarina que nace e medra nos anos 80-90 e que, a día de hoxe, se achega á corentena.


Marta Alonso diríxese ao público para compartir un percorrido pola súa traxectoria vital como bailarina e muller. Facendo referencia ao estado actual dos seus desexos e soños, comprometéndose a facelos realidade no momento presente.


O xeito de levalo a cabo: Bailando

Auditorio Municipal da Casa da Cultura