CALDO + MONDRA
Doble concerto
Apertura portas: 21h
Concerto: 21:30h (comezará puntual)
CALDO
María Jorge (violín), Anaïs Barbier (voz e pandeireta) e Pedro Fariñas (guitarra e gaita) forman Caldo, un trío que achega a música tradicional galega a contextos sonoros contemporáneos.
Acabaron recoñecementos como os Premios Martin Codax da Música e o Premio Fran Pérez Narf.
Contan con dous discos publicados, sendo LUGAR A PONTE, o seu último traballo, o mais extenso e persoal da banda.
Despois de máis de 2 anos de inactividade, xúntanse para participar no Churrugaza.
MONDRA
Artista, cantareiro e bailador, Mondra é un dos nomes máis sobranceiros da música galega.
Co seu aclamado debut ARDN (2023) e o seu novo traballo DE RONDA (2025), un álbum irreverente para seducir ou ser seducido", leva a tradición ao presente combinando música, corpo e escena.
Premio Martín Códax 2024, Mestre Mateo 2025 e aRi[t]mar 2024, tras máis de 80 concertos coa súa FOLA das ARDENTES, este 2026 A RONDA volve encher os escenarios por toda Galiza e o resto do estado.
Todos os beneficios do evento serán destinados íntegramente a axuda humanitaria en Palestina.