Entrada Camille & Matthieu Saglio | Festival MARÉ 2026 en La Coruña

Descripción

Os irmáns Saglio debuxan neste proxecto común un espazo de encontro entre os seus ricos universos. Un novo territorio musical a percorrer xuntos a través do son polifacético do violonchelo de Matthieu e a voz magnética de Camille. 


Creadores dunha linguaxe única chea de sensibilidade, mesturan acentos orientais, do jazz e do blues; con letras en inglés, bambara, francés e español. Unha invitación ao público a mirar cara dentro, a viaxar ás profundidades do interior coa guía melodiosa e cómplice dos dous irmáns. 


Agardamos por vós o vindeiro venres 25 de setembro na Igrexa da USC.



Páxina web: mare.gal
Facebook: @mare.compostela
Instagram: @mare_compostela


Canle de Youtube

Calquera dúbida ou cuestión en relacións coas entradas podedes poñervos en contacto con nós a través do mail [email protected]

Santiago de Compostela