MEDIAREA presenta Virando por avante, un disco cun total de 9 composicións propias, onde figuran colaboracións como a de Sabela Galbán, María Prado, Alfonso Malvido e as pandeireteiras 3 pés p´un banco. Músicas inspiradas no mar, na cultura mariñeira, na cultura do viño do país, coas velas trimadas para ventos de cambio mais tamén de loita, poñéndose á capa se é preciso.
Nestes tempos de demasiada música plastificada e homoxeneizada, Mediarea demostra que se pode navegar contracorrente e continuar avanzando a base de gaita, acordeón, voz e percusión. Respectando e renovando a tradición a partes iguais, e removendo a quen os segue vendo aferrados aos seus instrumentos.
https://www.instagram.com/mediarea_musica/?hl=es
https://open.spotify.com/intl-es/album/0AfjqA5b7fK54s8ajt9T9m
TIRULEQUE_ Repichoca
Neste cuarto traballo discográfico, a banda coruñesa xoga coa forza das voces femininas que deron forma à tradición da música cantada en galego. Esas avoas incansables de corpos vellos e espíritus novos, que foron quen de trasmitirnos non só as pezas, senón tamén esa enerxía, ese lume interior co que xa iluminaban os encontros de décadas atrás.
Tiruleque potencia a enerxía hipnótica da pandeireta co trance das liñas de baixo, combina o brillo da gaita coa forza do metal, mestura a percusión tradicional coa moderna... coa particularidade de ser sempre fiel ao espírito verdadeiro das músicas, sen artificios innecesarios, respeitando o seu sentido orixinal, dentro da foliada, para cantar e bailar como sempre se fixo.
https://www.instagram.com/tiruleque_musica_galega/
https://open.spotify.com/intl-es/album/3bI2CJ8I6MyJ9Kx5Ml1Ake
Centro de ayuda
Promociones y descuentos
¿Eres organizador?
Atención al cliente
¡Oups! El tiempo se ha agotado.
Recuerda que tienes 15 minutos para completar el proceso.Has excedido el número máximo de entradas para esta sesión.
Por favor complete esta compra primero si desea comprar más entradasHas excedido el número máximo de entradas para esta tarifa.
Por favor complete esta compra primero si desea comprar más entradas