El plazo para la venta de este evento ha terminado.

Entrada Conto de Nadal en Ourense

Artistas relacionados
Descripción

O Conto de Nadal é un clásico da literatura universal escrito por Charles Dickens en 1843. Moitas son as adaptacións que existen da novela, máis ningunha coma esta.


O vello Pantalone leva anos tratando mal a todo o mundo. Os seus empregados non teñen para comer e incluso o seu mellor amigo, Dottore, morreu pola súa culpa.

Antes do día de nadal, Dottore regresa para advertirlle de que tres meigas virán para tratar de cambialo e facer del unha boa persoa.

Viaxan primeiro ó seu pasado, onde un novísimo Pantalone trata de namorar á súa amada, a Señora Rosaura, pero fracasa por causa da súa avaricia.

A meiga do presente lévao a presenciar como a familia do seu criado Arlecchino ten dificultades para comer. O soldo que lle ofrece non é suficiente e tanto a súa muller Francesquina, como o seu fillo Pulchinella, buscan a forma de matar a fame como boamente poden.

E por último, a meiga do futuro mostraralle que clase de lembranzas terá o mundo del o día no que xa non camiñe entre os vivos.


Estas viaxes abrirán en Pantalone unha nova forma de ver o mundo e descubrirá que a amabilidade non é unha debilidade, senón todo o contrario.

Auditorio de Verín