Gilberto Santa Rosa chega a Vigo co seu espectáculo “Navidades con Gilberto Santa Rosa”, unha serie de concertos especiais coas que celebrará o espírito do Nadal nos grandes escenarios de España.
O artista porto-riqueño, recoñecido internacionalmente como “El Caballero de la Salsa”, é unha das figuras máis queridas e respectadas da música latina, con máis de corenta anos de carreira e múltiples premios Grammy e Latin Grammy.
A súa elegancia interpretativa, a complicidade co público e a calidade da súa orquestra converten cada actuación nunha experiencia única. En Vigo, Santa Rosa ofrecerá un percorrido polos grandes éxitos da súa traxectoria —temas como “Conteo regresivo”, “Qué manera de quererte” ou “Vivir sin ella”— xunto a composicións máis recentes que amosan a súa constante evolución artística.
“Navidades con Gilberto Santa Rosa” é unha proposta cálida, elegante e festiva, deseñada para compartir a música e a emoción destas datas. O concerto do 18 de decembro no Auditorio Mar de Vigo conta co apoio da Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia, no marco de Concertos do Xacobeo. Unha noite para celebrar, bailar e brindar pola música co inconfundible ritmo e a voz única de “El Caballero de la Salsa”.
Notas:
Centro de ayuda
Promociones y descuentos
¿Eres organizador?
Atención al cliente
¡Oups! El tiempo se ha agotado.
Recuerda que tienes 15 minutos para completar el proceso.Has excedido el número máximo de entradas para esta sesión.
Por favor complete esta compra primero si desea comprar más entradasHas excedido el número máximo de entradas para esta tarifa.
Por favor complete esta compra primero si desea comprar más entradas