El plazo para la venta de este evento ha terminado.

Entrada "La Casa de Bernarda Alba" Compañía de Teatro Noite Bohemia en Coruña, A

Descripción

A Casa de Bernarda Alba é unha obra teatral escrita por Federico García Lorca en 1936. A obra é a última dunha triloxía de dramas rurais que inclúe tamén Vodas de Sangue e Yerma. A historia desenvólvese nun pequeno pobo andaluz e aborda temas como a opresión, a represión sexual e a loita polo poder nunha sociedade patriarcal.


Esta obra céntrase na tiranía moral e a represión sexual que Bernarda exercía sobre as súas fillas. Bernarda imponlles 8 anos de illamento, levando ata o irracional as convencións sociais sobre o loito. A aparición de Pepe o Romano, disposto a casar coa filla maior, Angustias, desencadea o conflito. Todas as fillas, fóra da menor, Adela, aceptan as disposicións da súa nai. Adela será o personaxe rebelde, típico de Lorca, no que se presenta a oposición entre a autoridade e o desexo.


Está ambientada nun momento contemporáneo ao autor e inspirada en feitos reais, supón unha gran reflexión crítica sobre os costumes daquela época. A tiranía da suposta honra e as nomas sociais represéntanse con gran realismo no personaxe de Bernarda, quen afoga as ansias de liberdade e de vida do personaxe de Adela.


NOTA: Poderán ser beneficiarias da entrada reducida as persoas dos seguintes grupos: mozos e mozas con Carné Xove (12 a 30 anos), maiores de 65 anos, persoas con un grado de discapacidade recoñecida, persoas desempregadas, perceptores de Rendas Sociais, membros de familias monoparentais ou numerosas.

No caso de mercar a entrada reducida deberá presentarse documento acreditativo da situación específica xunto coa entrada no momento do acceso ao espectáculo. De non dispoñer desa proba documental, poderase denegar o acceso.

Auditorio Edificio Multiusos