Con moita ledicia anunciámosvos que o vindeiro venres 28 de novembro todo un referente do flamenco-electrónica estará na nosa cidade LE PARODY é o proxecto musical de Sole Parody, cantante e compositora andaluza que combina nas súas cancións pop escuro, folclores tribais, flamenco e electrónica de baile. Entre o tecnolóxico e o melodramático, usando sílabas en castelán, estruturas sen retrouso e só instrumentos que caiban nunha maleta de man, conecta con infinitas influencias esvaecidas, dos Andes á India pasando polos desertos do norte de África. Fai cancións de amor e desamor, de revolucións, corpos, bailes. Cancións que “soan familiares” pero “non se parecen a nada”. A música que conecta os puntos entre Björk e Julieta Venegas. A que cabería no oco que separa unha verbena dunha rave. Non menos xenuíno que as súas composicións é o seu singular formato de directo: Sole combina o manexo de sampler e pedais, mesturando en vivo as distintas capas de loops que compoñen as súas cancións, coa presenza dunha atípica cantautora folk, valéndose de voz e electrónica para tecer melodías e ambientes que arrastran á audiencia ao baile. Do frío ao lume. De casa ao descoñecido.
Centro de ayuda
Promociones y descuentos
¿Eres organizador?
Atención al cliente
¡Oups! El tiempo se ha agotado.
Recuerda que tienes 15 minutos para completar el proceso.Has excedido el número máximo de entradas para esta sesión.
Por favor complete esta compra primero si desea comprar más entradasHas excedido el número máximo de entradas para esta tarifa.
Por favor complete esta compra primero si desea comprar más entradas