Entrada Lideira + Casapalma en Pontevedra

Artistas relacionados
11.72 €
Precio
Desde
Descripción

Lideira (Galiza) - Presentación novo disco.

Lideira ameniza os torreiros con pezas bailables e melodías pegadizas interpretando as músicas de tradición oral cun son persoal a través da mestura de instrumentos de vento, percusións de man, voz e outras fantasías. Na voz e nas percusións está Gabi Reboredo, Lois Prado ao saxo tenor e sintetizador, Iago Ramilo ao saxo alto e Sara Méndez ao saxo soprano. Estilo e sinxeleza definen este orixinal cuarteto de música tradicional que irrompe no panorama tradi galego como un sopro de aire fresco.

Casapalma (Cantabria) Comprometidos coa recuperación da canción montañesa e coa reivindicación das coplas máis identitarias do folclore cántabro, Casapalma consolidouse como unha proposta innovadora, honesta e diferente na escena actual. Coa súa capacidade para moverse con soltura entre o ancestral e o contemporáneo, o dúo transforma a tradición nunha experiencia vibrante.

Sala Rebullón