Este ano o cineasta Christopher Nolan presentounos a súa visión dun dos máis grandes clásicos de todos os tempos: a Odisea.
Nesta tempada de teatro, abrimos o CAEST coa versión da historia que no ofrece Sole Fellozas.
Odiseicas: as que tecen a historia é un espectáculo de narración oral escénica inspirado na Odisea, pero tamén na obra e no pensamento de Begoña Caamaño, autora homenaxeada nas Letras Galegas 2026, cuxa escrita supón unha profunda relectura feminista dos mitos fundacionais e dos relatos herdados.
Cirses, Penélopes e outras mulleres toman a palabra para contar a súa versión da historia.
Personaxes tradicionalmente relegadas aos márxenes dos relatos canónicos ocupan aquí o centro da narración, revelándose como mulleres que pensan, deciden, lembran e actúan. O espectáculo propón así unha revisión crítica do imaxinario clásico, ofrecendo referentes diversos e igualitarios sen renunciar á potencia poética do mito.
Odiseicas: s que tecen a historia é unha proposta escénica comprometida coa igualdade, que fai da narración oral un espazo de resistencia simbólica, revisión do canon e celebración da palabra como acto político e poético.
NOTA: Poderán ser beneficiarias da entrada reducida as persoas dos seguintes grupos: mozos e mozas con Carné Xove (12 a 30 anos), maiores de 65 anos, persoas con un grado de discapacidade recoñecida, persoas desempregadas, perceptores de Rendas Sociais, membros de familias monoparentais ou numerosas.
No caso de mercar a entrada reducida deberá presentarse documento acreditativo da situación específica xunto coa entrada no momento do acceso ao espectáculo. De non dispoñer desa proba documental, poderase denegar o acceso.
Centro de ayuda
Promociones y descuentos
¿Eres organizador?
Atención al cliente
¡Oups! El tiempo se ha agotado.
Recuerda que tienes 15 minutos para completar el proceso.Has excedido el número máximo de entradas para esta sesión.
Por favor complete esta compra primero si desea comprar más entradasHas excedido el número máximo de entradas para esta tarifa.
Por favor complete esta compra primero si desea comprar más entradas