El plazo para la venta de este evento ha terminado.

Entrada Play-Doc: Inauguración. Concerto Trilitrate en Pontevedra

Descripción

22 EDICIÓN DE PLAY-DOC FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE TUI, 2026.


Trilitrate convida a unha viaxe sonora sen fronteiras onde o folk, a música clásica e a contemporánea se entrelazan cunha identidade propia. O proxecto, formado por Rubén Abad (guitarra e voz), Elena Vázquez (violín), Marcos Padrón (acordeón) e Berto Lozano (visuais en directo), presenta Está de Grelo, un traballo que transita desde ecos balcánicos ata acenos a Ravel ou Stravinsky. Cunha execución precisa e unha enerxía que oscila entre o delicado e o intenso, a banda constrúe paisaxes sonoras que se expanden en escena con visuais en vivo, dando lugar a un directo especialmente suxestivo.



Teatro Muncipal de Tui