El plazo para la venta de este evento ha terminado.

Entrada PROCESO CREATIVO DUNHA OBRA DE TEATRO, de Sen Cancelas Teatro en Coruña, A

Descripción


Nesta ocasión, o grupo de teatro residente do noso Concello, Sen Cancelas Teatro, tráenos un título tan suxestivo como “Proceso creativo dunha obra de teatro”.

A compañía vainos amosar como é por dentro a creación dunha obra e cales son os procesos artísticos para a posta en escena dun traballo teatral, centrándose na creación de personaxes e no actor ou actriz como artista creativo.

A través de explicacións didácticas do seu director Xan Martínez e escenas improvisadas creadas por cinco actores e actrices desta asociación xalleira, veremos como se leva a cabo unha obra de teatro.

Non podes perder este derradeiro venres do ciclo de artes escénicas de 2025.

Agardámoste! E non esquezas que esta representación é de balde.

Auditorio Edificio Multiusos