Unha comedia hilarante. Risas aseguradas e reflexións incorporadas.
Cecilia, Celia e Lía son irmás e non poderían ser máis diferentes. As súas vidas, traballos e relacións están moi afastadas entre si. Aparentemente, non teñen nada en común, se non fose porque son trillizas concibidas nunha noite de liberación sexual a finais dos setenta.
Un día, reciben unha chamada de Carmen, a súa nai, para acudir á casa familiar de Cabo Home durante a noite de San Xoán...
Señores é a historia dun reencontro entre catro mulleres e fala das cousas que viviron, das cousas que esperan vivir, dos medos, dos resentimentos e das alegrías. Tamén fala de homes: homes que opinan, que cuestionan, que critican, que se alían ou que acosan.
Señores é unha comedia que fala de irmás, nais e fillas e de noites máxicas. Unha comedia feminista na que hai mulleres que interpretan homes que din o que as mulleres deben facer.
NOTA: Poderán ser beneficiarias da entrada reducida as persoas dos seguintes grupos: mozos e mozas con Carné Xove (12 a 30 anos), maiores de 65 anos, persoas con un grado de discapacidade recoñecida, persoas desempregadas, perceptores de Rendas Sociais, membros de familias monoparentais ou numerosas.
No caso de mercar a entrada reducida deberá presentarse documento acreditativo da situación específica xunto coa entrada no momento do acceso ao espectáculo. De non dispoñer desa proba documental, poderase denegar o acceso.
Centro de ayuda
Promociones y descuentos
¿Eres organizador?
Atención al cliente
¡Oups! El tiempo se ha agotado.
Recuerda que tienes 15 minutos para completar el proceso.Has excedido el número máximo de entradas para esta sesión.
Por favor complete esta compra primero si desea comprar más entradasHas excedido el número máximo de entradas para esta tarifa.
Por favor complete esta compra primero si desea comprar más entradas