Entrada Trilitrate | Festival MARÉ 2026 en La Coruña

Artistas relacionados
10.55 €
Precio
Desde
Descripción

Que Trilitrate é un dos segredos mellor gardados da música atlántica é algo que non cambiou nos seus catorce anos de historia. Os mesmos nos que entregaron tres LPs capitais do folque sen fronteiras, e argallaron unha poderosa dimensión visual, expresada nuns concertos nos que a videocreación en tempo real culmina nunha experiencia única onde a caligrafía artesanal da música atopa a súa liberdade ilimitada nas psicodélicas imaxes de poso galaico xeradas por Montse Piñeiro. Arriban no Maré para presentar en primicia o seu novo disco, onde a música xoga libre, imprevisible e salvaxe.

Desta conxunción con Elena Vázquez, Marcos Padrón e Rubén Abad, atopan a chave maestra dun son que sempre pesca nun océano heteroxéneo de diferentes especies estilísticas, do jazz á sensibilidade balcánica, pasando por unha atmósfera medieval no que o eixo do folque galego revela o camiño a seguir en tan apaisoada viaxe sen rumbo. 


Agardamos por vós o vindeiro sábado 26 de setembro na Igrexa da USC.



Páxina web: mare.gal
Facebook: @mare.compostela
Instagram: @mare_compostela


Canle de Youtube

Calquera dúbida ou cuestión en relacións coas entradas podedes poñervos en contacto con nós a través do mail [email protected]

Santiago de Compostela