Este programa evoca o dobre universo que marcou a Francia posterior ao Grand Siècle: dun lado, a Arcadia bucólica, cos seus praceres pastorís e danzas idílicas; doutro, o esplendor da corte, reflexo dunha orde xerárquica que exalta a través do simbolismo pastoril a figura dun rei taumaturgo. Así, a lira, emblema da música e da natureza idealizada, atópase co cetro, símbolo do poder real, nun diálogo sonoro onde o pastoril e o rexio se funden na linguaxe refinada do tardobarroco francés.
Programa:
Obras de Jean-Philippe Rameau, Mademoiselle Duval e Jean-Féry Rebel
Orquesta Clásica de Vigo
Dirección ao cravo: Daniel Sanmartín Nieto
Daniel Sanmartín Nieto, director e clavecinista
Nado en Pontevedra, Daniel completa as ensinanzas profesionais de música en Percusión e Piano e, no Conservatorio Superior de Música de Vigo, obtén os títulos superiores en Etnomusicoloxía e Musicoloxía Histórica baixo a titoría de Javier Jurado, coas máximas cualificacións e premio extraordinario fin de estudos. No Conservatorio Santa Cecilia de Roma acada cum laude os diplomas en Disciplinas Históricas, Críticas e Analíticas da Música —baixo a supervisión de Cecilia Campa— e en Cravo e Teclados Históricos —como discípulo de Enrico Baiano—, completando a súa formación cos títulos de Órgano e Composición Organística, baixo a guía de Alberto Pavoni, e Dirección, da man de Maurizio Ciampi. No ámbito académico, colaborou como relator con entidades como a Pontificia Universidade Lateranense, o Conservatorio de Roma, o Museo de Arte Contemporánea de Vigo, a Fundación G. P. da Palestrina ou a asociación Nuova Consonanza. Así mesmo, ten desempeñado diversas funcións editoriais en máis de trinta publicacións de carácter musical e musicolóxico. Cun interese artístico que se estende da música antiga ata a creación contemporánea interdisciplinar, ten ofrecido concertos como solista ao cravo, fortepiano e órgano en institucións como o Museo Nacional de Instrumentos Musicais de Roma, a sala académica do conservatorio da mesma cidade, a Fundación Varrone de Rieti, o Festival Internacional de Percusión de Almería, o festival Un organo per Roma e o festival Híbridas de Santa Clara en Pontevedra —co acompañamento da Orquestra Clásica de Vigo—.
Colaborador habitual da Clásica, exerce como vicedirector artístico do festival organístico 8pés desde a súa primeira edición, do ano 2021.
Centro de ayuda
Promociones y descuentos
¿Eres organizador?
Atención al cliente
¡Oups! El tiempo se ha agotado.
Recuerda que tienes 15 minutos para completar el proceso.Has excedido el número máximo de entradas para esta sesión.
Por favor complete esta compra primero si desea comprar más entradasHas excedido el número máximo de entradas para esta tarifa.
Por favor complete esta compra primero si desea comprar más entradas