BUGUINA TURISMO CULTURAL, GUÍAME GALICIA E HORIZONTE TOURS ORGANIZAMOS UNHA ACTIVIDADE FORMATIVA NOS MESES DE NOVEMBRO E DECEMBRO SOBRE CATEDRAIS DE GALICIA
PARA QUEN?
Esta formación está especialmente deseñada para guías de turismo que queiran actualizar os seus coñecementos de cara a realizar un guiado nestas catedrais. O obxectivo é fornecer datos básicos e bibliografía para poder ter as ferramentas imprescindibles para poder deseñar un guiado nestes espazos. Porén é unha actividade aberta ao público en xeral.
CANDO E ONDE?
En Compostela o 12 de decembro, en Tui o 7 de novembro e en Ourense o 29 de novembro ás 16:30h
CANTO DURA?
Entre 2 e 3 horas en función do día e tamaño de grupo.
CANTAS PRAZAS HAI?
Poucas. Só 20 por día. Ofrecemos unha formación en grupos reducidos para que poida haber espazo para preguntas e comentarios. Podes apuntarte a 1, 2 ou as 3 xornadas.
CANTO CUSTA?
Cada xornada ten un prezo de 15 € + o prezo de entrada na catedral, que varía en función da propia catedral (por exemplo, no caso de Compostela é de 9 € a entrada xeral)
IDIOMA
Galego e/ou Castelán
NORMATIVA
Lembramos que só guías debidamente acreditadas/os coma Guías Oficiais de Turismo poden organizar visitas guiadas nas catedrais.
Help center
Promotions and discounts
Are you an organizer?
Customer support
Whoops! Time has run out.
Remember that you have 15 minutes to complete the process.You have exceeded the maximum number of tickets for this session.
Please complete this purchase first if you wish to purchase more ticketsYou have exceeded the maximum number of tickets for this rate.
Please complete this purchase first if you wish to purchase more tickets