El plazo para la venta de este evento ha terminado.

Entrada TUI entradas TEATRO | EL MAL DE L'AMOR | Jonatan Alvarado e Samuel Diz en Pontevedra

Descripción
Concerto “El mal de l’amor. The songbook of Gustavo Durán” con Jonatan Alvarado e Samuel Diz.

O tenor arxentino Jonatan Alvarado e o músico tudense Samuel Diz ofrecerán o concerto “El mal de l’amor. The songbook of Gustavo Durán” o venres, 13 de febreiro, ás 21 h no Teatro Municipal de Tui.

Interpretarán tres cancioneiros que Gustavo Durán, pianista, compositor e pioneiro da etnomusicoloxía nado en Barcelona en 1906, recompilou entre 1944 e 1963. Trátase dun repertorio moi descoñecido e en gran parte inédito formado dende melodías cortesás españolas do século XVI até yaravíes peruanos modernos. Jonatan Alvarado e Samuel Diz presentarán en Tui estas
composicións que configuran o disco “El mal de l’amor” gravado en abril de 2025 en Dartington Hall, Inglaterra, baixo a produción de Lucy Durán.

As entradas están á venda até 10 minutos antes do inicio do concerto aos prezos de 10€ e 7,5€.
Duración: 1h 15 min
TEATRO MUNICIPAL | TUI