Un ano de traballo, rodaxes, emocións e aprendizaxe condensado nunha xornada inesquecible de cine. Chega a 3ª Mostra de ACT GALICIA ao Cine Teatro Salesianos de Vigo, o evento no que o noso alumnado dá o salto á gran pantalla para compartir co público o froito do seu talento e esforzo diante da cámara.
Desde as primeiras secuencias dos máis novos ata os proxectos finais da Diplomatura e os obradoiros de adultos, esta cita é unha celebración da creación audiovisual e da paixón pola interpretación.
Dous bloques independentes: Ti decides como vivir a Mostra
Como novidade este ano, dividimos o evento en dous bloques diferenciados (Nenos+Adolescentes e Adultos). Deste xeito, podes elixir si prefires asistir a un bloque en concreto ou reservarte a tarde enteira e desfrutar da experiencia completa do cine.
Horarios e Programa | Venres, 18 de setembro
BLOQUE NENOS E ADOLESCENTES
17:00 h → Photocall
17:30 h → Proxeccións
DESCANSO
19:00 h → Pausa entre bloques
BLOQUE ADULTOS
19:30 h → Photocall maiores
20:00 h → Proxeccións maiores (Cursos de tarde + Diplomatura)
Acompaña aos nosos actores e actrices na cita máis especial da escola e desfruta do talento da nosa canteira na gran pantalla.
Entradas e Accesos:
Alumnado de ACT GALICIA: De balde
Público xeral: 5 €
Centro de ayuda
Promociones y descuentos
¿Eres organizador?
Atención al cliente
¡Oups! El tiempo se ha agotado.
Recuerda que tienes 15 minutos para completar el proceso.Has excedido el número máximo de entradas para esta sesión.
Por favor complete esta compra primero si desea comprar más entradasHas excedido el número máximo de entradas para esta tarifa.
Por favor complete esta compra primero si desea comprar más entradas