Duración: 90 min
SINOPSE
Moita xente, cando escoita a expresión "Os dous de sempre", no primeiro que pensa é en Mofa e Befa. E a Castelao non lle parece mal. O duo cómico fundado hai trinta anos por Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira son parte do fecundo río do humor galego que ten a súa fonte nos bufóns e no escarnio medievais, e ao que tamén pertence o humor de Castelao. Mofa e Befa fan parte da estirpe dos pallasos de circo, dos artistas do cinema mudo, dos canallas do cabaret. Agora decídense a encarnar dúas personaxes de papel, concibidas por un humorista gráfico: Os dous de sempre.
Pedriño e Rañolas son contraditorios, extremos, antagónicos, polarizados…mais amigos. Un é o arriscado soñador (unha forma do idealismo) e o outro é un pancista pusilánime (unha forma do materialismo). Esta oposición entre corpo e alma, entre estómago e corazón aparece noutras parellas famosas, como Quixote e Sancho Panza, en Jacques o Fatalista e o seu patrón ou Don Celidonio e o Doutor Alveiros, de Risco. Pedriño e Rañolas entran neste selecto clube, unidos a unha manchea de pallasos anónimos, artistas populares que correron as festas e romarías e que Castelao admirou con compasivo humor.
FICHA ARTÍSTICA
Autoría: Quico Cadaval e Carme Varela
Dirección: Quico Cadaval
Escenografía: Baltasar Patiño
Deseño sonoro: Bernardo Martínez
Deseño iluminación: Baltasar Patiño
Vestiario: Carlos Alonso
Música: Bernardo Martínez
Elenco: Evaristo Calvo, Víctor Mosqueira, Josito Porto
Help center
Promotions and discounts
Kenne uns
Bist du ein Organisator?
Kundenservice
Whoops! Time has run out.
Remember that you have 15 minutes to complete the process.Sie haben die maximale Anzahl von Tickets für diese Sitzung überschritten.
Bitte schließen Sie diesen Kauf zuerst ab, wenn Sie mehr Tickets kaufen möchtenSie haben die maximale Anzahl von Tickets für diesen Tarif überschritten.
Bitte schließen Sie diesen Kauf zuerst ab, wenn Sie mehr Tickets kaufen möchten