CONDICIÓNS E NORMAS DA ENTRADA
As portas da casa da cultura pecharanse puntualmente na hora de comezo da obra de teatro. Unha vez pechadas, quedará prohibido o acceso ao recinto e non se admitirán reembolsos das entradas a aquelas persoas que non chegaran antes do comezo da función. Recoméndase a estes efectos presentarse coas entradas en man media hora antes da función.
Os menores de 12 anos (en obras infantís), titulares de carné xove, parados e maiores de 65 anos poden gozar dun desconto de 1,5€ na entrada. Para que a reserva teña validez, á hora do acceso deberán presentar un documento acreditativo da idade, paro ou carné xove para poder acceder ao auditorio. En caso de non poder validar dito desconto será necesario aboalo antes de acceder ao auditorio. Para poder aplicar este desconto debes introducir o seguinte código á hora de confirmar a entrada: DESC_IDADE
SINOPSE DA OBRA
52 HERCIOS fai referencia á frecuencia dun estraño son rexistrado nos últimos 35 anos en distintos lugares do Pacífico, similar ao canto dunha balea azul. Pero as baleas azuis comunícanse en frecuencias que van dos 10 aos 39 hercios, polo que a voz desta estraña balea solitaria, vibrando a 52 hercios, non pode ser escoitada por ningunha outra da súa especie. Suponse que a Balea dos 52 hercios ou Whalien 52 pode ser xorda de nacemento, e que por iso nunca aprendeu a emitir o seu canto na frecuencia correcta.
Esta obra utiliza a metáfora desa balea solitaria, convertida nun símbolo do illamento social, para por a mirada sobre as persoas que están a sufrir ou padeceron momentos de soidade non desexada. O eco dese son traspasa o texto e a posta en escena, nun ton non realista, cheo de imaxes poéticas e coreográficas.
Help center
Promotions and discounts
Are you an organizer?
Customer support
Whoops! Time has run out.
Remember that you have 15 minutes to complete the process.You have exceeded the maximum number of tickets for this session.
Please complete this purchase first if you wish to purchase more ticketsYou have exceeded the maximum number of tickets for this rate.
Please complete this purchase first if you wish to purchase more tickets