Baixo o nome de Oníricos e outros delirios, Guadi Galego volta ás salas pequenas para propoñer unha experiencia na que recuperar a conexión e proximidade co público, ese será o eixo central do espectáculo. A cantante presenta catro concertos íntimos en formato trío nos que interpretará as cancións de Pélago. Contos oníricos, o seu último disco, xunto con algúns dos seus grandes éxitos e temas que nunca interpretou en directo. A artista galega propón unha experiencia exclusiva que só se poderá desfrutar o 13 e 14 de novembro na sala Auriense de Ourense e o 3 e 4 de decembro na sala Riquela de Santiago de Compostela.
Oníricos e outros delirios nace da necesidade de Guadi de poñer en valor o directo, poñendo ao público no centro da conexión entre a súa música e ela. Estes catro concertos están concibidos como unha experiencia íntima na que poder sentir de preto e achegarse ao xerme da música da cantante, nunha necesidade da propia artista de deixar de lado a celeridade do consumo para poder gozar de novo coa súa xente da conexión coa súa música sen artificios.
Para crear esta experiencia, Guadi Galego está a desenvolver un directo en formato trío xunto con Vic Moliner e Iago Carro. Para iso, o piano de Guadi e o baixo e os sintes de Vic terán un peso importante, buscando transmitir a verdade do que foi o proceso compositivo, achegando máis aos músicos e ao público,
Help center
Promotions and discounts
Are you an organizer?
Customer support
Whoops! Time has run out.
Remember that you have 15 minutes to complete the process.You have exceeded the maximum number of tickets for this session.
Please complete this purchase first if you wish to purchase more ticketsYou have exceeded the maximum number of tickets for this rate.
Please complete this purchase first if you wish to purchase more tickets