Ticket OUTONO CULTURAL '26 · Contraproducions: "Apaga o candil" en Coruña, A

Description

Duración: 75 minutos

SINOPSE

A obra recupera teatralmente a figura de Carlos O Xestal, folclorista, contador de historias e humorista galego que acadou unha gran popularidade nos anos 60 e faleceu na década dos 90. Diversión, emoción e reflexión nun espectáculo que reivindica a riqueza da tradición oral e a memoria rural como parte da identidade cultural.

Noite de lúa chea. Encrucillada de camiños. Entra en escena un home fraco e melancólico. É o personaxe de O Xestal.

Á luz dun candil, vestido de gaiteiro, sáelle ao paso un mozo aposto e lanzal. É a Morte.

O personaxe de O Xestal négase a recoñecer a Parca baixo unha aparencia tan pouco habitual. Cando finalmente a recoñece, resístese a seguila e establécese entre ambos un dinámico e entretido reto dialéctico no que se mesturan os episodios máis significativos da sufrida vida de O Xestal con algúns dos seus contos máis divertidos.

FICHA ARTÍSTICA

Autor: Cándido Pazó
Elenco: Avelino González, Toni Salgado
Escenografía e atrezzo: Pablo Giráldez “O Pastor”
Vestuario: De cotío
Cartaz: Juan Gende
Técnica y Iluminación: Afonso Castro y Miguel Cabaleiro
Música: Xurxo Souto y Richi Casás
Técnico de grabación: Tomás Ageitos
Dirección de producción: Belén Pichel
Dirección de escena: Cándido Pazó

Salón de actos do Centro Social Polivalente