Ticket OUTONO CULTURAL '26 · Vórtice Escénico " A Cámara Escura" en Coruña, A

Description

Duración: 60 min

SINOPSE

Que pasa cando unha adolescente de dezaseis anos comparte unha foto íntima co seu crush nun contexto social como o que estamos a vivir?

Alicia está namorada.
Alicia fai un selfie.
Alicia preme enviar.

Do outro lado do móbil, alguén reenvía, e reenvía, e reenvía.
Os chats tolean. Unha avalancha de mensaxes, de vexacións, de insultos, de censura.

Nun mundo eterno como é a rede, cal é a solución para recuperar a intimidade perdida tendo en conta que por cada ano que pasa, as xeracións están expostas a medrar sen a madurez suficiente para empregar un novo apéndice chamado teléfono?

A cámara escura fala das vítimas de ciberacoso que se ven conducidas cara un buraco negro de desprezo e dor. Trata das persoas culpábeis que, agresión tras agresión, van construíndo un perigoso perfil de cara ao futuro. A cámara escura diserta sobre esas nais e pais que ven, con absoluta impotencia, rotas/os ás súas fillas e os seus fillos. A través de Alicia, esa rapaza dividida en dúas voces internas, podemos asomarnos á realidade que sofren cada día máis adolescentes a nivel mundial.

FICHA ARTÍSTICA

Autoría: José Luis Baños de Cos
Dirección: Sara Rey Seoane
Adaptación: Sara Rey Seoane
Escenografía: As dúas e punto
Deseño son: Marcos Grandal Tojeiro
Deseño iluminación: As dúas e punto
Vestiario: Vórtice Escénico
Música: Marcos Grandal Tojeiro
Coreografía: Vórtice Escénico
Elenco: Andrea Blanco Dios, Ana San Fernando, Marcos Grandal Tojeiro

Salón de actos do Centro Social Polivalente