The deadline for the sale of this event is over.

Ticket TUI entradas TEATRO | O ARCÓN DE NOA | Amarelo en Pontevedra

Description
Amarelo Cía con “O Arcón de Noa”

“O Arcón de Noa” é o título do espectáculo de danza que Amarelo presentará o venres, 20 de febreiro, ás 19 h, no Teatro Municipal de Tui. Escrito por Lilian Portela está dirixido e interpretado por Carlota Rosón Rojo e Martín Blanco, xunto a Raquel Ferradás. Maxia e fantasía para contar a historia de Noa, que vive coa súa nai nunha casa apartada, e que un día, sen decatarse, activa un encantamento e entra no mundo máxico que habita no seu arcón, onde os xoguetes cobran vida e un ser misterioso goberna sobre eles.

As entradas, aos prezos de 4€ e 3€ están á venda até 10 minutos antes do inicio da función.
Duración: 40 minutos
TEATRO MUNICIPAL | TUI