Entrada "Levántate Xan" A TRASTENDA DOS CONTOS, CAXOTO (GALICIA) en Coruña, A

Artistas relacionados
8.25 €
Precio
Desde
Descripción

É noite na granxa de Xan. Soa un espertador. Como todas as mañás o galo érguese antes de que saia o sol, sube ao alto do tellado e disponse a cantar dándolle permiso ao Sol para que apareza destrás das montañas. Pero ese día algo sae mal. O galo non ten forzas para cantar; e se o galo non canta todo o mundo sabe que o sol non se levanta... Non será que Xan se esqueceu de darlle a cea aos animais antes de ir para a cama a noite anterior?. Unha función chea de animais, pequenas historias e cantigas para recrear o día a día na granxa de Xan.

DURACIÓN: 35 MINUTOS

ESPECTÁCULO RECOMENDADO PARA A PRIMEIRA INFANCIA, A PARTIR DE 1 ANO

Teatro del Andamio