Entrada OUTONO CULTURAL '26 · Amorodio Teatro: "Brazaletes" en Coruña, A

Descripción

Duración: 60 minutos

SINOPSE

28 de setembro de 1975. Vellos Campos de Sport de "El Sardinero". Domingo de partido. O Racing de Santander recibe ao Elche na cuarta xornada do campionato de Primeira División. Dous xogadores do equipo local, Aitor Aguirre e Sergio Manzanera, saltan ao terreo de xogo cuns brazaletes negros sobre as mangas esquerdas das súas equipacións. Un xesto pequeno, pero cargado de compromiso, que desafía á ditadura do moribundo xeneral Franco.

Brazaletes reconstrúe a historia dos últimos fusilamentos do franquismo e das reaccións da sociedade civil da época, a través dunha mirada contemporánea e crítica sobre a complexa relación entre o fútbol e a política. Un espectáculo que mestura documento e ficción, humor e traxedia, memoria íntima e memoria colectiva, para lembrar que calar nunca pode ser unha opción.

FICHA ARTÍSTICA

Elenco: Javier Castiñeira
Direción: Santiago Cortegoso
Dramaturxia: Ernesto Is
Iluminación: Violeta Martinez
Movemento escénico: Inés Santos
Espazo Sonoro: Vazone
Deseño de Vestiario: Carmen Facorro
Produce: Amorodio Teatro

Salón de actos do Centro Social Polivalente