CONDICIÓNS E NORMAS DA ENTRADA
As portas da casa da cultura pecharanse puntualmente na hora de comezo da obra de teatro. Unha vez pechadas, quedará prohibido o acceso ao recinto e non se admitirán reembolsos das entradas a aquelas persoas que non chegaran antes do comezo da función. Recoméndase a estes efectos presentarse coas entradas en man media hora antes da función.
Os menores de 12 anos (en obras infantís), titulares de carné xove, parados e maiores de 65 anos poden gozar dun desconto de 1,5€ na entrada. Para que a reserva teña validez, á hora do acceso deberán presentar un documento acreditativo da idade, paro ou carné xove para poder acceder ao auditorio. En caso de non poder validar dito desconto será necesario aboalo antes de acceder ao auditorio. Para poder aplicar este desconto debes introducir o seguinte código á hora de confirmar a entrada: DESC_IDADE
SINOPSE E DESCRICIÓN DA OBRA
Canto conto! é un emocionante espectáculo que nos mergulla nunha viaxe chea de música, risas e sorpresas. Acompaña a dous recolledores de lixo na súa aventura polo fascinante mundo da reciclaxe e a sustentabilidade: os nosos protagonistas exploran xeitos de reciclar, mostran os distintos tipos de contaminación existentes e propoñen solucións ante isto.
Goza aprendendo a través de diversos xéneros musicais, desde o Rock and Roll ata o Rap, pasando pola Salsa ou o Funky. Pero, ollo, non só se trata de música, hai moito máis! Exploraremos temas como a igualdade, a diversidade, o ecoloxismo e a importancia de traballar xuntos para acadar un futuro mais sostible. E o mellor de todo é que o noso querido público será parte activa desta viaxe.
Help center
Promotions and discounts
Sei un organizzatore?
Attenzione al cliente
Whoops! Time has run out.
Remember that you have 15 minutes to complete the process.Hai superato il numero massimo di ticket per questa sessione.
Si prega di completare questo acquisto prima se si desidera acquistare più bigliettiHai superato il numero massimo di biglietti per questa tariffa.
Si prega di completare questo acquisto prima se si desidera acquistare più biglietti