Biglietto OUTONO CULTURAL '26 · Redrum Teatro: "Nas nubes" en Coruña, A

Descrizione

Duración: 60 minutos

SINOPSE

Nun futuro non tan afastado, a tecnoloxía trasformouno todo… Incluso a forma en que lembramos o pasado. En Nas Nubes, Nexus e Rino guían a visitantes por un museo que exhibe estrañas reliquias da era predixital. O que comeza como unha sátira sobre o noso presente, pronto se converte nunha inquietante reflexión cando as bolboretas que emerxen dun bonsai comezan a lembrar que foron algo máis… Seres humanos? Monicreques?

Entre risos, surrealismo, números circenses e xogos de improvisación, este espectáculo lánzanos unha pregunta profunda: Que é real cando a propia lembranza desvanécese nas nubes?

Unha peza de teatro provocadora que nos enfronta ao impacto da tecnoloxía, á fraxilidade da identidade e á delgada liña entre o que somos e o que soñamos ser.

FICHA ARTÍSTICA

Elenco: Xúlio Abonjo, Carlota Mosquera e Guillermo Carbajo
Dirección: Alex Sampayo
Texto: José Luis Baños de Cos
Deseño de iluminación: Carlos Álvarez-Ossorio
Espazo sonoro: Davide González
Deseño de vestiario: Raquel G. Crespo
Dirección de movemento e coreografía: Marta Alonso
Contrución escenografía: Escenoset
Monicreques: Nicolás Zamorano
Asesoría circense: Malala Ricoy
Axudante producción: Rubén Porto
Produción: Redrum Teatro
Distribución: Guillermo Carbajo

Salón de actos do Centro Social Polivalente